Víctor Coyote: "Non estou en contra da nostalxia, pero gústame en pequenas doses"
Víctor Coyote preséntase no Outono Códax en formato de trío con Gustavo Villamor, contrabaixo e Ricardo Moreno, batería
Coyote segue na súa música o antigo vínculo galego coa cumbia, o merengue e a música de Porto Rico, O Brasil ou Venezuela
Concerto Víctor Coyote con Javi Álvarez o 12 de novembro na Sala Riquela de Santiago dentro do Outono Códax
Vén xa polo camiño o Outono Códax Festival, que arranca a súa programación o vindeiro 6 de novembro. Unha edición plural e vibrante na que o festival, din eles, amplía os horizontes e as perspectivas das músicas de raíz afroamericanas.
Doce grupos, sete concertos e, entre eles, artistas de longa traxectoria como Víctor Coyote que ademáis de actuar en formato trío, presenta tamén unha exposición co título 'Alí mesmo foi' no espazo A Reixa Matrioska.
Di Víctor nun dos seus temas que un traballador, un autónomo, un artista... e underground sempre.