Publicador de contidos

Publicador de contidos

Verónica Estay: "A creación artística é consubstancial á posmemoria, para encher os baleiros a través da imaxinacion"

Verónica Estay: "A creación artística é consubstancial á posmemoria, para encher os baleiros a través da imaxinacion"

'O concepto de posmemoria e a súa presenza na cultura visual' abriu as xornadas Memoria democrática, feminista, laboral do CGAC

A noción de posmemoria describe as relacións da xeración posterior co trauma persoal, colectivo e cultural da xeración anterior

Ademais de 'La resaca de la memoria', sobre a historia familiar, é autora da autobiografía do represor Ándrés Valenzuela, Papudo

G24.gal 12/03/2025 15:09 Última actualización 12/03/2025 16:29

"Estou atravesada de historias, de Historia. Como se outras persoas, mortas ou vivas, irromperan no meu pensamento, nos meus soños, nos meus recordos, cando menos o espero". É un anaquiño de 'La resaca de la memoria', un libro que reconstrúe o pasado da familia da profesora Verónica Estay, filla de represaliados pola ditadura de Pinochet. Ela abriu esta tarde as xornadas 'Memoria democrática, feminista, laboral' no CGAC que se desenvolven ata o 10 de abril.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade