Vari Caramés: "A miña arte non me representa, senón que fala do que sinto"
Bosque animado (con Ángeles) é un paseo pola Fraga de Cecebre desde as fotos de Varia Caramés e as pinturas de Ángeles Sales
Ademais da exposición, o proxecto complétase coa publicación dun libro editado por Fabulatorio
Bosque animado (con Ángeles) ata o vindeiro 15 de marzo na Galería Trinta, Santiago
Vari Caramés estes días expón na Galería Trinta Bosque animado (con Ángeles). Imos con el ata a Fraga de Cecebre, un paseo para recordar aqueles momentos en que as luces e os soños nos rodean e bisban como as árbores do Bosque animado.
A mostra parte da premisa de que no mundo de hoxe falta poesía e que a tecnoloxía non debería poderlle ás emocións. O seu traballo é máis intuitivo que intelectual, xa que o azar e máis emocionante que a certeza.