Cargando resultados...
Unha cantata de estrea polo aniversario do Consello da Cultura Galega
Juan Durán compón Terra para celebrar o 40 aniversario do Consello da Cultura Galega
É unha cantata de corenta minutos de duración baseada en textos de Ramón Cabanillas
Está dirixida por Víctor Pablo Pérez e interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia
G24.gal
24/11/2023 16:10
Última actualización 24/11/2023 16:37
O Consello da Cultura Galega celebra o seu corenta aniversario cun concerto especial interpretado pola Orquestra Sinfónica de Galicia. Terra é unha creación do compositor Juan Durán, que se inspirou na obra de Ramón Cabanillas. Está dirixida por Víctor Pablo Pérez e conta coa voz do barítono Javier Franco.