Su e Fran, de Traspielas: "Non hai espazos hoxe en día nos que se comparta tanto como nos seráns"
'Traspielas' é unha proposta musical e audiovisual a partir de pezas tradicionais recollidas pola artista entre as mulleres da súa aldea
O proxecto combina música e imaxes para poñer en valor a memoria colectiva e a cultura popular dun territorio moi rico en tradición oral
En Traspielas facíanse ata catro seráns á semana desde o día de Santos ata o Entroido. A comezos dos 70 deixaron de facerse.
"O serán de Traspielas
faise no medio da rúa
a noite que a el non vou
non me quenta sol nen lúa"
Así comeza a xota de Traspielas que durante moitos anos foi transmitida polas mulleres desta parroquia de Fornelos de Montes. Agora esta peza forma parte tamén do novo proxecto musical de Su Garrido Pombo, no que ademais conta traballo audiovisual de Fran Rodríguez Casal.
Hoxe falarmos con eles dous desta proposta músico-audiovisual na que tamén participan Macarena Montesinos no cello, Marco Maril na electrónica e Iago Ramilo no saxo. Todos eles forman parte deste proxecto que quere ser unha homenaxe ás mulleres de Traspielas.