Cargando resultados...
Tradución en galego do himno á infancia de Amanda Gorman
A poeta Amanda Gorman fíxose viral ao a por participar na toma de posesión de Joe Biden
A súa obra aborda a problemática da diáspora dos negros, do racismo e do feminismo e tamén a representatividade na tradución
G24.gal
01/06/2023 15:16
Última actualización 01/06/2023 16:21
Amanda Gorman é unha poeta e activista afroamericana que saltou á fama por recitar un dos seus poemas na cerimonia de investidura do presidente estadounidense, Joe Biden. O seu último poemario, A canción do cambio, chega agora en galego grazas a Hércules de Ediciones. Nel unha nena entoa un poderoso himno para que nenos e nenas coma ela levanten a súa voz para conseguir un mundo mellor.