Cargando resultados...
Tono Carbajo: "A linguaxe simbólica da arte sempre é sandadora"
Tono Carbajo: "A linguaxe simbólica da arte sempre é sandadora"
O artista procura o lugar dende dous significados: o lugar interior, dos desexos e a natureza íntima, e o exterior, aquel onde habitamos
Na busca da dobre significación, nesta exposición conflúen ode dous proxectos: 'As casiñas dos desexos' e 'Fronteiras' sobre refuxiados na Unión Europea
'Dende o lugar que buscamos', de Tono Carbajo, ata finais de xullo Asociación Évame Oroza en Vigo
O artista plástico Tono Carbajo
G24.gal
10/06/2024 14:56
Última actualización 10/06/2024 16:31
"Desexo voltar ao fogar, desexo voltar a ti. Desexo florecer para dar froito. Desexo facerte pensar". Son mensaxes de 'As casiñas dos desexos', un proxecto de Tono Carbajo que conflúe con outra serie do artista nunha exposición que estes días podemos ver na asociación Évame Oroza de Vigo. Hoxe entramos nesta mostra: 'Dende o lugar que buscamos'.