The Guardian sitúa a cidade da Coruña entre as dez mellores escapadas por Europa
Salienta as súas paisaxes, a súa monumentalidade, a cultura ou a gastronomía
O diario británico ten paixón por Galicia, a que xa destacou noutras listaxes sobre turismo ou praias
O xornal británico The Guardian volve falar de Galicia, e desta volta sitúa a cidade da Coruña entre as dez mellores escapadas por Europa.
Precisamente, o porto da Coruña volve contar coa visita dun transatlántico que deixa centos de turistas británicos na cidade. Inmellorable ocasión para preguntarlles que pensan da cidade e que destacan eles no seu paseo.
A maioría falan da súa monumentalidade, do fermoso paseo marítimo e dos espazos museísticos da cidade herculina. Outros destacan a amabilidade da xente e a gastronomía galega.
Os turistas nacionais concordan coa elección da Coruña como unha das escapadas imprescindibles en Europa, igual que os que chegan doutros países latinos.
Do que non cabe dúbida é de que o diario británico ten paixón por Galicia, porque non é a primeira nin a segunda vez que destaca a nosa terra tanto no plano natural coma no monumental.