Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simone Saibene: "Tallón fai gran literatura con elementos mínimos, de aí querer filmar o seu día a día"

Simone Saibene: "Tallón fai gran literatura con elementos mínimos, de aí querer filmar o seu día a día"

'Escribir o imposible' chega xa ao cine en Vigo e desde o 20 de maio en Ourense, Santiago e Ferrol

O documental foi gravado durante parte da escrita de Tallón dos libros 'Rewind' e 'Obra maestra'

Simone Saibene, director do documental 'Escribir o imposible'
G24.gal 15/05/2022 11:30

O mundo que rodea os escritores sempre estivo rodeado de certo halo místico. As musas, a inspiración, ou as rarezas á hora de escribir teñen espertado a curiosidade dos lectores desde sempre. Estes días un documental ofrécenos a posibilidade de ver como crea unha novela o escritor Juan Tallón. Co título de Escribir o imposible, a cinta dirixida por Simone Saibene chega esta semana aos cines tras pasar por festivais como a Seminci ou Cineuropa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade