Cargando resultados...
Silvia García: "'Sempre Máis' sinala a forza do colectivo"
Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige, no Auditorio de Galicia de Santiago ata o 28 de maio
Mostra comisariada por Germán Labrador Méndez con fondos do arquivo Unha Gran Burla Negra
G24.gal
16/05/2023 15:42
Última actualización 17/05/2023 16:07
Nos vinte anos do seu aniversario, esta mostra quere volver sobre a memoria, a creatividade e as protestas que acompañaron o afundimento do Prestige. A partir do Arquivo Vivo da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra, que leva acompañando os legados do Nunca Máis dende o ano 2017, e grazas a unha rede extensa de artistas, investigadoras, activistas e compañeiras, este proxecto colectivo busca abrir preguntas incómodas, imaxinar mundos e compartir loitas.