Cargando resultados...
Silvia García fala da vinculación coa terra na obra de Basilisa Fiestras
Silvia García achéganos a mostra Vertebrar a paisaxe, da artista Basilisa Fiestras
A exposición, comisariada por Sara Donoso, está aberta na Sala Alterarte no Campus de Ourense da Universidade de Vigo
G24.gal
15/11/2022 16:37
Basilisa Fiestras destaca da súa exposición que tomou como “punto inicial a fragmentación do espazo e dos recordos”, afondando e trasladando ao material ideas como a paisaxe e a memoria da infancia e a emigración e como “portar a paisaxe a través da memoria”.
Silvia García pon o foco na súa crónica na paisaxe fragmentada, das herdanzas patrimoniais, do autoodio respecto a terra propia e tamén das paternidades ausentes no rural galego.