Publicador de contidos

Publicador de contidos

Síbaris, os "demos" de Domingo Villar sobre ás táboas

Síbaris, os "demos" de Domingo Villar sobre ás táboas

A xira obra de teatro póstuma de Domingo Villar, Síbaris, arranca esta fin de semana en Vigo

Domingo Villar participou na preparación da obra e tiña pensado un cameo para el

Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa no elenco da obra

Lois Blanco, director, e Belén Constenla, actriz en Síbaris Lois Blanco, director, e Belén Constenla, actriz en Síbaris
G24.gal 01/10/2023 11:00 Última actualización 02/10/2023 15:07

En maio do ano pasado finaba aos 51 anos, vítima dunha hemorraxia cerebral o benquerido escritor Domingo Villar. O home que deu vida a un personaxe inmortal, o inspector Leo Caldas. Domingo que tamén fora guionista, experimentou nos últimos anos co relato curto e co teatro. A súa primeira obra teatral, unha comedia, pasou anos en caixóns ata que a deu por rematada. Cando Domingo finou no só estaba en marcha o libro, senón que traballaba na posta en escena coa compañía Con de Tres Pés.

Hai uns días Síbaris viu a luz en papel da mans das editoriais Galaxia, en galego, e Siruela, en castelán, e onte a obra puido estrearse e Carlos Blanco converteuse nun escritor frustrado que vive coa súa muller, Laura, moito máis práctica ca el.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade