Cargando resultados...
Ser nai e cineasta, unha utopía a debate
"A conciliación non existe" foi unha das conclusións da mesa de debate organizado por AGAPI, a asociación galega de produtoras independentes
As tres directoras salientan que é moi difícil poder levar crianzas as rodaxes
G24.gal
08/03/2023 15:38
Última actualización 08/03/2023 16:44
Non existe a conciliación real para as mulleres cineastas. A mesa de debate organizada por Agapi a semana pasada xuntou a varias cineastas galegas que afirmaron rotundamene esta idea que acabo de pronunciar. En ZigZag quixemos escoitalas e darlles voz. Aquí están as experiencias e as opinións de Jaione Camborda, Gael Herrera e Paula Cons.