Cargando resultados...
'Sentinelas da lúa carmesí', a mitoloxía galega enxertada nunha historia de aventuras xuvenís
Sentinelas da lúa carmesí, unha banda deseñada con tres entregas
A idea orixinal é de Andrés Castro, Ozo Perozo axudou a darlle forma e a parte gráfica é de Alexandre Senande
Presentación o mércores que vén na Libraría Eixo de Ourense
G24.gal
07/03/2024 14:38
Última actualización 07/03/2024 16:25
Adiantámonos ao día da banda deseñada, que se celebra o día 17, comentando unha obra para público adolescente. Conta como unha cuadrilla de adolescentes viven aventuras misteriosas con paralelismo coa mitoloxía galega. Os autores de Sentinelas da lúa carmesí, Andrés Castro, Alexandre Senande e Ozo Perozo estarán presentándoo na libraría Eixo de Ourense o mércores que vén.