Cargando resultados...
Sarabela Teatro leva a escena dous relatos do 'Arraianos' de Méndez Ferrín
'Medias azuis' e 'Lobosandaus' son os contos representados neste espectáculo
A raia seca é onde viven as personaxes de Ferrín, en tempos e momentos históricos diferentes
É unha historia de fronteiras entre a vida e a morte, o desexo e a paixón, a natureza e a humanidade
G24.gal
09/02/2023 15:35
'Arraianos' é o título do último espectáculo de Sarabela Teatro. Trátase dunha adaptación de dous contos de Méndez Ferrín: 'Medias azuis' e 'Lobosandaus', dirixida por Ánxeles Cuña.
As historias están ambientadas na raia, nunha realidade fronteiriza onde as personaxes viven en tempos e momentos históricos diferentes. A vida e a morte, o desexo e a dobre moral, o misterio e a fantasía son algúns dos seus ingredientes.
Teñen representacion mañá, en Ames e o día 25 en Verín.