Cargando resultados...
Sara Nebra: "Gústanos a parte vocal doce nun contexto musical máis duro"
Nebra é un proxecto de fusión entre música contemporánea, folk e aspectos máis propios do metal ou rock industrial
O tema 'María Benita' é unha composición de Sara Nebra, baseada nunha xota de Teresa dos Cucos
Nebra ten concerto no San Froilán mañá mércores na Praza de Santa María de Lugo
G24.gal
07/10/2025 15:30
Última actualización 07/10/2025 16:38
'E xa todo foise indo
bágoas no rego
pés nos camiños
O tempo fendeu as pedras'
Son versos de 'María Benita', un dos últimos sinxelos que publicou a banda luguesa Nebra, que mañá ten concerto no San Froilán. Hoxe temos no estudio a muller que lle pon voz, Sara Pérez Cruz, a sonoridade desta banda, que mestura melodías vocais próximas ao folk con sonoridades máis escuras.