Sara Donoso: "Estes artistas traballan con obxectos cotiáns que coa súa mirada collen outra dimensión"
Sara Donoso: "Estes artistas traballan con obxectos cotiáns que coa súa mirada collen outra dimensión"
'Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita' é unha mostra que abre o debate sobre a necesidade da reapertura da cafetería como espazo de encontro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra
No proxecto tamén se inclúen dúas mostras efémeras do alumnado e o espazo convértese nun organismo vivo que transforma a sala nun campo de acción relacional
A exposición inclúe un cadro de Laxeiro pintado nas protestas pola precaria situación dos estudantes en 1993 e doado aos alumnos
Imos á Facultade de Belas Artes, onde as obras desta acción conviven co mobiliario dunha suposta cafetería para converterse nun espazo de reivindicación e de construción de diálogos.
'Bar-cafetería. Grazas pola súa visita' é unha mostra comisariada por Sara Donoso na que participan artistas como Rapapawn (Cynthia Alfonso e Óscar Raña), Alberto Ardid, ou Tayone, ex alumnos da facultade.
É un proxecto expositivo que transcende a mostra artística convencional para converterse nun acto de reivindicación e reflexión sobre a importancia dos puntos de encontro para o intercambio de ideas.