Cargando resultados...
Sangre de Muérdago preséntanos o seu disco máis íntimo
Reunimos na Fraga de Catasós en Lalín a banda de Pablo G. Ursusson que acaba de publicar O Vento que Lambe as miñas Feridas
A banda son: o cantante Pablo G. Urssuson, Xoel López no clarinete e na percusión e o cellista Saúl Nogareda.
G24.gal
26/05/2023 14:30
Última actualización 26/05/2023 16:25
Existe a maxia e pode ser de todos... O grupo Sangre de Muérdago leva anos elaborando a súa alquimia musical, mesmo dende Alemaña, onde residiron varios anos, e sempre en galego.
Marchamos ao corazón do país para escoitar e falar do seu último disco, O vento que lambe as miñas feridas, un traballo que arrecende a beleza e emocións.