Cargando resultados...
'San Simón', un filme en rodaxe que transmite unha verdade esencial e íntima ata agora calada
No campo de concentración franquista da illa de San Simón pasaron máis de 6.000 presos ata o ano 1943
O director Miguel Ángel Delgado culmina así un proceso de investigación histórica de décadas
Un momento da rodaxe de San Simón
G24.gal
18/03/2024 14:45
Última actualización 18/03/2024 16:28
Despois de cinco anos de preprodución e documentación histórica, e de catro castings polos que pasaron máis de 3.000 persoas, comezou por fin a rodaxe de San Simón.
O director Miguel Ángel Delgado e a produtora Miramemira, a mesma que fixo O que arde, queren iluminar con este filme o pasado de horror e represión desta illa da ría de Vigo que foi un campo de concentración franquista entre 1939 e 1943.