Cargando resultados...
Rosa Aneiros: "Un ceo estrelado pode nacer moi preto dos pés"
A noite das cebolas é o novo libro de narrativa de Rosa Anerios, publicado por Xerais
A protagonista da historia recibe un faro en herdanza, ao tempo que lle diagnostican un cancro irreversible
A noite das cebolas é unha historia de redención familiar, segredos e culpas, ambientada arredor do mar
G24.gal
14/04/2024 11:30
Última actualización 11/04/2024 17:03
Un diagnóstico de cancro terminal e unha inesperada herdanza dun faro. Son os dous elementos que se lle xuntan a Abril Andrade, a protagonista da novela A noite das cebolas, o novo libro de Rosa Aneiros, que nos debuxa un tempo inesperado, redentor, e con cheiro a cebola e mar.