Rodaxe de 'Así chegou a noite', de Ángel Santos, e carteleira con Begoña Vázquez
Así chegou a noite ródase ata xuño en Sanxenxo
O auto das ánimas, de Pablo Lago Dantas, chega ás carteleiras
Entre os filmes destacados da semana: La casa, de Álex Montoya
O próximo luns comeza a rodaxe de Así chegou a noite, a terceira longametraxe do pontevedrés Ángel Santos, un dos representantes do Novo Cinema Galego. Van filmar pola zona das fábricas de tellas que está fronte á Illa da Toxa (as de grandes chemineas que se ven na Marisma do Vao), tamén en San Vicente do Mar e por Sanxenxo e Meaño.
Estreáse en salas o documental O auto das ánimas, de Pablo Lago Dantas. O director volve á súa casa de Cesantes, a súa vila natal, tras 20 anos fóra. Vai reencontrarse coa intimidade da súa familia, especialmente coa súa avoa, coa que ten unha relación especial. É unha viaxe persoal, íntima, a través do tempo e da memoria, unha reconciliación interxeracional filmada de forma suxestiva, repousada, misteriosa.
Chega tamén aos cinemas a película baseada nun cómic de Paco Roca La casa, dirixida por Álex Montoya e que arrasou no Festival de Málaga, con 6 premios e O mal non existe, do xaponés Ryesukehamaguchi, o director da aclamada Drive my car, un filme contra o turismo feroz que levou o gran Premio do Xurado en Venecia.