Pablo Rodríguez, de Reizentolo: "A primeira camiseta naceu polas traducións das tapas dos bares"
Pablo Rodríguez, de Reizentolo: "A primeira camiseta naceu polas traducións das tapas dos bares"
'Antes molabamos máis' (Ed. Galaxia) resume a historia de Reizentolo cos deseños realizados durante vinte anos
No volume, os textos de vinte autores e personalidades da cultura relacionados con Reizentolo
A idea do proxecto era sacar a arte dos museos e difundila a un prezo asumible. Na primeira tirada fixeron catro modelos.
Hai vinte anos tres emprendedores decidían poñer en marcha unha proxecto en que a lingua, a cultura popular e a retranca galega se fusionasen coa arte e o deseño. O resultado estampouse, literalmente, nas primeiras camisolas que tentaron vender nun posto na praza das Praterías. En dez días venderon unha, pero, vinte anos despois, xa coa marca Reizentolo os seus deseños percorren o mundo e algúns son xa iconas que todos recoñecemos. Un daqueles tres atrevidos era Pablo Rodríguez.