Cargando resultados...
Redrum Teatro: "Con Hamelin decatámonos de que non sabemos protexer a infancia"
'Hamelin', con texto de Juan Mayorga, aborda o tema da pederastia cunha linguaxe chea de elipses
No elenco, Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado, Rubén Porto e Fran Lareu
'Hamelin' de Redrum Teatro: 23 e 24 en Compostela, 4 de marzo en Cangas, 9 de marzo Pontevedra
G24.gal
22/02/2023 15:38
Rematar cos estigmas ou abordar os silencios que ás veces rodean os abusos. Hamelin, a nova montaxe de Redrum Teatro transita por aí, por lugares en que case nada se conta claramente, en que o público vai ter que imaxinar e interpretar unha versíón máis áspera daquel conto que empezaba con aquilo de "Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas".