'Redes do país', arte colaborativa entre Hungría, Alemaña e Galicia
O obxectivo de 'Redes do país' é levar a cabo en diferentes localidades rurais de Europa un evento artístico colectivo
A exposición inclue documentación audiovisual, vídeos, arquivos de audio e fotografías dos proxectos O bo camiño, A eso chámolle vivir e Sabemos cooperar
Na Fundación Luís Seoane da Coruña, ata setembro, podemos ver a mostra 'Redes do país'. Nela amósase un proxecto colaborativo desenvolvido entre diferentes localidades rurais de Hungría, Alemaña e Galicia.
Vídeos, arquivos de audio, fotografías, pinturas e outras pezas amosan a importancia dos labores tradicionais e a cultura que nos une nos tres países. Unha iniciativa da artista alemá Antje Schiffers, cofundadora do colectivo Myvillages, e da dramaturga e comisaria húngara Katalin Erdödi.