Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ramón Villares: "Unha parte da tradición imaxínase para facermos a historia máis próxima"

Ramón Villares: "Unha parte da tradición imaxínase para facermos a historia máis próxima"

As xornadas toman prestado o seu nome da expresión popularizada polos historiadores Eric Hobsbawn e Terence Ranger no libro "A invención da tradición"

Na primeira xornada os historiadores J. C. Sánchez Pardo e A. López Carreira reflexionaron sobre o Arde Lucus e Festa Istoria de Ribadavia

A vindeiro o 11 de xuño o catedrático Luis Domínguez e o xornalista Manuel Gago falarán da Festa da Reconquista e da Romaría Vikinga

G24.gal "a festa ten unha apariencia de verdade e un porqué" 06/06/2025 15:02 Última actualización 06/06/2025 16:32

"A historia é algo máis ca un asunto erudito que se fai nos arquivos e nas bibliotecas. Tamén pode estar na rúa e incluso pode ser transformada popularmente".

A frase é de Ramón Villares, historiador coordinador das xornadas 'A invención da tradición', que reflexionan sobre as festas populares que recrean feitos históricos, festa como o Arde Lucus ou a Romaría Viquinga. A primeira cita tivo lugar en Lugo e a vindeira será en Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade