Cargando resultados...
Quintana Martelo: "Martín Códax é o reverso musical do Mestre Mateo"
O 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas que este ano homenaxea o trobador galego
O Consello da Cultura Galega presentaba hoxe catro reinterpretacións das cantigas de Martín Códax
G24.gal
31/03/2023 16:00
Última actualización 31/03/2023 17:03
Cada 1 de abril, a Academia Galega de Belas Artes celebra o Día das Artes. Faino en lembranza da mesma xornada do ano 1188, cando o Mestre Mateo asenta os linteis do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. Este ano a Academia quere homenaxear o trobador Martín Códax, o que significa que o Día das Artes se celebra, por primeira vez, na súa vertente musical.