Cargando resultados...
'Qualia', o escenario como campo de batalla das enerxías dos corpos
'Qualia', o escenario como campo de batalla das enerxías dos corpos
O domingo, en Ribadeo, Iago Alonso representa o seu espectáculo 'Qualia'
Lad Dance Studio é a compañía de danza que dirixe Iago xunto con Pablo del Pozo
G24.gal
05/04/2023 15:29
Última actualización 05/04/2023 16:46
O bailarín e coreógrafo de Foz Iago Alonso presenta o domingo, no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo, a súa nova peza de danza contemporanea ‘Qualia’.
‘Qualia’ xurdiu durante o confinamento e trata de mostrar como pode chegar a cambiar a nosa zona de confort a través da enerxía de catro bailaríns que inflúe o lugar alterándoo de diversas formas.
'Qualia' é unha peza de danza que explora esta inestabilidade dende o noso lado máis humano.