Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Pussy Cake' de Baltasar Patiño, unha peza escénica sucia, fresca e dura

'Pussy Cake' de Baltasar Patiño, unha peza escénica sucia, fresca e dura

A peza está inspirada na fotógrafa estadounidense Francesca Woodman, precursora do 'selfie' 

Andrea Dunia, Raquel Esteller e Alejandra Balboa son as intérpretes desta peza de Matarile

A música, o vídeo, a iluminación e a danza as pezas fundamentais desta montaxe
 

G24.gal 26/01/2023 15:35

Pussy cake é a nova montaxe da compañía Matarile Teatro, que celebra xa 35 anos sobre os escenarios. A peza, que está a medio camiño entre a danza e a performance, inspírase no universo da fotógrafa estadounidense Francesca Woodman.

Música de diferentes estilos, vídeo e unha iluminación moi coidada arroupan este traballo dirixido por Baltasar Patiño. As representacións terán lugar esta semana no Teatro Principal de Santiago, e a terceira semana de febreiro na Sala Ártika de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade