Cargando resultados...
'Os castelos': 500 anos do pasado colectivo para saber máis do presente do noso pobo
A serie documental Os castelos repasa a historia destas construcións entre o ano 1000 e o 1500
O capítulo deste sábado aborda as Guerras Irmandiñas
A revolta irmandiña primeiro e os Reis Católicos despois marcaron a destrución de moitos castelos
O director da serie Xosé Manuel Vega e o asesor do programa Carlos Lixó
G24.gal A realidade histórica dos castelos fai que sexan uns grandes descoñecidos. Non hai acceso
15/10/2022 11:30
Están na paisaxe como símbolos do poder que un día tiveron. Foron moitos máis, pero poucos quedan en pé. Galicia foi, como toda Europa, terra de castelos e de señores que os rexentaban. Cada sábado á tarde, un programa debúllanos a historia dos nosos castelos.
Os castelos é unha serie documental da TVG que percorre cincocentos anos de historia de Galicia, do 1000 ao 1500, a través das súas fortificacións e dos castelos.