Premio Artistas Noveis: un termómetro da precariedade e do futuro da arte
A exposición amosa multiplicidade de linguaxes, como fotografías, debuxos e vídeos da historia da nosa arte
Na mostra reina unha certa precariedade, reflexo das dificultades destas xeracións de artistas que mostran o presente e o posible futuro das artes visuais do país
É un termómetro das novas tendencias da arte galega. O premio Auditorio de Galicia para artistas noveis celebra a súa décimo terceira edición amosando as propostas dos 33 creadores seleccionados.
Este ano foron premiados un cruceiro LGTBI de Sergio Marey, a autobiográfica 'Historia da nosa arte' de Laure Mojo e a instalación 'Fun abalar a pedra' que está no medio do mar de Breogán Xague. Nesta edición proliferan as instalacións e as esculturas, pero tamén, por exemplo, vídeos de animación.