Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pilar G. Negro: "Rosalía merece máis reflexión, agora que a conexión emocional con ela xa é un feito"

Pilar G. Negro: "Rosalía merece máis reflexión, agora que a conexión emocional con ela xa é un feito"

Intenso e Solidario Feminismo, Estudos Rosalianos recolle unha antoloxía dos estudos de García Negro entre 1980 e 2022

A lectura secuencial dos traballos compilados permite unha visión integral do seu discurso crítico no ámbito rosaliano

Carme F. Pérez-Sanjulián foi editora do volume, publicado pola UDC, e Kathleen March é a autora do epílogo 

G24.gal 23/02/2024 14:35 Última actualización 23/02/2024 16:39

"Ela é fundamental para asumir a nosa identidade nacional: para vérmonos e coñecérmonos a nosa realidade. Mais é fundamental, ademais, como avanzada do pensamento feminista e anti-discriminatorio que non alenta".

Este texto foi publicado por Pilar García Negro en 1985. Desde aquela ata hoxe, os seus estudos, a as súas achegas analíticas axudaron a reinterpretación da obra rosaliana. Agora a Universidade da Coruña publica este volume, un compilación de artigos e textos de García Negro. E hoxe, no Día de Rosalía falamos con ela deste 'Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos'. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos