Cargando resultados...
Unha ollada a Picasso a través dos grandes nomes do cómic actual
Picasso protagonista: Viñetas no cómic español contemporáneo. Ata o 25 de maio na sede de AFundación da Coruña
Entre os autores galegos están David Rubín,Jacobo Serrano, Cynthia Alonso ou Óscar Raña
G24.gal
05/03/2024 15:02
Última actualización 05/03/2024 16:18
A mostra que acolle estes días a sede de Afundación da Coruña quere amosar outro xeito de mirar a Picasso a través da banda deseñada. Unha ollada fresca e rigorosa, que traslada a visión que teñen do malagueño os comiqueiros españois.