Paula Pin: "A tecnoloxía do seculo XXI é unha copia da natureza"
Paula Pin: "A tecnoloxía do seculo XXI é unha copia da natureza"
Os proxectos de Paula Pin desevolven procesos de investigación e experimentación con tecnoloxías libres
A mostra amosa o proceso de creación de kits enerxéticos para cuestionar os actuais modelos de produción enerxéticos
'ELQXEE: Eco Lóxicas Cuir Xeradoras de Enerxía Eólica', ata o 18 de agosto no espazo Leira en Lugo
A Paula Pin podémoslle poñer moitas etiquetas, artista, activista, feminista, ecoloxista, investigadora, biohacker... ou mellor non poñerlle ningunha e intentar achegarnos aos seus proxectos. Por exemplo, conectarlles sensores a plantas e ao seu propio corpo para desenvolver unha sinfonía fotosintética ou desenvolver un laboratorio nómade cun kit caseiro de ferramentas xinecolóxicas para a autoexploración. Agora, no espazo Leira de Lugo, mostra o proceso de creación de kits enerxéticos para formular alternativas desde a autoconstrución.