Pacho Flores, a trompeta en todo o seu esplendor
Pacho Flores, a trompeta en todo o seu esplendor
O artista venezolano comezou a estudar trompeta con 7 anos no sistema venezolano
Na súa discografía hai música barroca, do clasicismo, do período romántico, música popular e creacións propias
Os días 13 e 14 actuará coa OSG e tamén ofrecerá un recital de trompeta e guitarra con Pingüino González
Pacho Flores volve á Coruña para facer unha residencia artística cos rapaces novos da Orquestra Sinfónica de Galicia, pero tamén para ofrecer varios concertos especialmente creados para el. Virtuoso na execución, renovador no repertorio, destaca igualmente polo seu traballo no desenvolvemento tecnolóxico do instrumento musical. O considerado como un dos mellores trompetistas do mundo formouse no Sistema Nacional de Orquestras e Coros xuvenís e infantís de Venezuela.