Cargando resultados...
Pablo Villalobos Leal: "Carlos Oroza nunca dicía non a ninguén, de aí o mito da súa vida"
O documental Quieres salir, puedes entrar aborda as incógnitas sobre a vida de Carlos Oroza
A relación de amizade familiar permitiulle a Villalobos gravar a Oroza durante anos
O propio Oroza fabulou sobre o seu pasado creando un mito sobre as súas orixes
Pablo Villalobos Leal, director do documental
G24.gal
21/04/2024 11:30
Última actualización 18/04/2024 18:53
Carlos Oroza, o poeta maldito, era un fabulador. Contaba diferentes versións sobre a súa vida, cada unha máis fantasiosa ca anterior. Nin os seus amigos máis achegados sabían a verdade sobre moitos episodios da súa vida.
O documental Quieres salir. Puedes entrar, de Pablo Villalobos, que conta con extraordinarios documentaos gráficos, intenta responder esas preguntas.