Cargando resultados...
Óscar Cobos: "Hai moitos soños neste 'Nove espellos'. É un espectáculo onde todo pode ser"
Óscar Cobos fusiona diversos xéneros musicais e estilos de danza en 'Nove espellos'
En escena, as bailarinas Esquío Carral e Ari Vázquez xunto ao coreógrafo Óscar Cobos
'Nove espellos', este venres na Casa da Cultura de Negreira
G24.gal
29/10/2025 14:55
Última actualización 29/10/2025 16:49
Abrimos as portas ao territorio dos soños para entrar en Nove espellos, a última montaxe de Óscar Cobos Compañía de Danza. A tradición, o ballet clásico, a danza contemporánea e unha morea de influencias, fusiónanse para recrear as diversas emocións que se producen cando durmimos.