Cargando resultados...
Oriana Méndez: "O amor está detrás de cada acto creativo"
Oriana Méndez publica en Chan da Pólvora o seu poemario Chairas sucesións
É unha grande indagación sobre dúas voces que se fan unha e se fan multitude
No poemario hai referencias ao leite negro de Celan, a filosofía desnacida María Zambrano ou o perigo de Leopoldo María Panero
G24.gal
12/12/2023 15:04
Última actualización 12/12/2023 16:21
O novo libro da poeta Oriana Ménez editado por Chan da Pólvora é Chairas sucesións. Un gran poema estendido que fala de "dous que son". É unha caste de conversa en que, moitas veces, as ideas e as sensacións se precipitan como unha torrenteira de palabras nunha paisaxe infinda.
Unha sinfonía de voces que cumpre o desafío de falar de amor, de novo, neste ano de 2023 que está a agonizar.