Publicador de contidos

Publicador de contidos

'O Rei' Pelé, lenda do fútbol mundial, morre aos 82 anos

'O Rei' Pelé, lenda do fútbol mundial, morre aos 82 anos

A lenda brasileira faleceu tras unha dura loita contra o cancro

Pelé é o único xogador en activo ou retirado que gañou tres mundiais: os de 1958, 1962 e 1970

G24.gal 29/12/2022 20:06 Última actualización 29/12/2022 20:24

O brasileiro Edson Arantes do Nascimento 'Pelé', considerado por moitos o mellor futbolista de todos os tempos, morreu este xoves aos 82 anos debido ás complicacións do cancro que padecía.

Pelé faleceu rodeado por varios dos seus fillos e netos, que pasaron con el o Nadal no hospital de São Paulo onde estaba ingresado desde o pasado 29 de novembro.

"Todo o que somos é grazas a ti. Amámoste infinitamente. Descansa en paz", afirmou a súa filla Kely Nascimento en Instagram, acompañando unha fotografía coas mans entrelazadas dos fillos do "rei" do fútbol, que este xoves cumpriu un mes hospitalizado.

O maior ídolo do país do fútbol, Pelé é o único xogador en activo ou retirado que gañou tres mundiais: os de 1958, 1962 e 1970. O dianteiro fixo practicamente toda a súa carreira co Santos, club do litoral de São Paulo co que gañou 48 títulos, entre eles dúas Copas Liberadores, antes de emigrar ao Cosmos de Nova York, unha breve etapa no final da súa carreira na que tentou popularizar o fútbol naquel país.

O eterno '10' marcou 1.283 goles ao longo da súa carreira profesional, o que lle valeu un premio Guinness, incluíndo 757 goles en partidos oficiais, os únicos recoñecidos pola FIFA. Coa Canarinha suma 95 tantos, deles 77 en partidos contra outras seleccións nacionais, este último récord, só igualado no Brasil por Neymar. Por estes logros, Pelé foi elixido pola FIFA como o mellor xogador do século XX, mentres que o Comité Olímpico Internacional (COI) nomeouno mellor deportista do século, nunha votación realizada polos comités nacionais en 1999.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade