Cargando resultados...
'O home e o can' inaugura o Festival de cine de Ourense
Comeza a edición número 27 do OUFF
Ángel de la Cruz dirixe un filme con Manuel Manquiña coma protagonista
G24.gal
23/09/2022 10:04
'O home e o can', de Ángel de la Cruz, é o filme que abre hoxe a edición número 27 do Festival de cine de Ourense. A película compite na sección oficial do certame ourensán. O outro filme galego a competición é 'O corpo aberto', de Ángeles Huerta. O OUFF desenvolverase ata o vindeiro 1 de outubro.