Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cinema deste Nadal que non pode pasar desapercibido, con Jesús Silva

O cinema deste Nadal que non pode pasar desapercibido, con Jesús Silva

O crítico de cine salienta tres filmes sobre mulleres que rachan cos prexuízos das súas culturas e que parten dunha forte base documental

'La luz que imaginamos', de Payal Kapadia; 'Las novias del sur', de Elena López Riera, e 'La semilla de la higuera sagrada', de Mohammad Rasoulof, estreáronse no festival de Cannes

G24.gal 19/12/2024 15:17 Última actualización 19/12/2024 17:04

Jesús Silva escolleu para hoxe algunhas das películas que se estrean este mes. Entre elas o filme indio 'La luz que imaginamos', de Payal Kapadia, Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes e cunha carga poética fóra do común.

'Las novias del sur', de Elena López Riera, un documental con toques autobiográficos no que mulleres maduras falan do desexo e da súa relación íntima con a sexualidade que tamén se estreou en Cannes e que competirá nos Goya.

'La semilla de la higuera sagrada', de Mohammad Rasoulof,  é a candidata ao Oscar a Mellor película internacional por Alemaña. O cineasta tivo que rodar o filme en segredo,  xa que a trama desenvólvese nas protestas de Irán do 2022. É un thriller que se vai transformando nun filme de terror.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade