Xabier Ferreiro: "A Celso Emilio saíalle a rabia do corazón"
'O cabronario' recolle a materia poética máis satírica e incisiva de Celso Emilio Ferreiro contra o franquismo
A maioría do material é inédito, agás a autoedición 'Al César Enano' e algún publicado no Cancioneiro de Eianaudi en 1962
'O cabronario' inclúe catro composicións en galego inéditas e unha explicación historiográfica de cada poema
Cabrón por vocación y por ralea/cabrón por los costados y entresijos/ cabrón por la mujer y por los hijos, cabrón de una prosapia gonorrea... Se estes versos vos sorprenden, máis vos vai sorprender cando vos diga que foron escritos por Celso Emilio Ferreiro. Son versos do 'Soneto de Paco el Cabrón' que abren este poemario á man armada, un libro-bomba con teimas varias e algunhas nunca publicadas. Materia poética dun Celso Emilio impacable que agora publica Luscofusco Edicións baixo o título O cabronario.