Cargando resultados...
'Non é unha canción', de Souvenir: teatro fóra da lóxica que abraza a intuición
Non é unha canción, da compañía Souvenir, preséntase hoxe ás 20:30 no Teatro Rosalía de Castro
A peza fala do turismo de masas e a intelixencia artificial cun humor acedo e absurdo
A materia prima coa que traballa Souvenir son os estímulos accidentais da rúa
G24.gal
26/01/2024 13:48
Última actualización 26/01/2024 16:50
Souvenir é unha compañía de recente creación que traballa dende o azar, o xogo e a intución. Na peza Non é unha canción experimentan co humor absurdo e o existencialismo para reivindicar unha forma de estar no mundo improdutiva.
O texto foi premiado no Festival Pezas dun Teatro do Porvir da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.