Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Nas interaccións destes días xogamos novas restricións", avisan os expertos que asesoran a Xunta

"Nas interaccións destes días xogamos novas restricións", avisan os expertos que asesoran a Xunta

Os datos de hoxe, con case 16.000 casos activos, xa transparentan o efecto da ponte da Constitución

G24.gal 20/12/2021 14:19

Os expertos que asesoran a Xunta de Galicia aseguran que estamos nunha semana crucial. Primeiro, porque os datos xa translocen o efecto da ponte da Constitución. Segundo, porque do noso comportamento estes días, do coidado que teñamos nas nosas interaccións sociais, vai depender que teñamos ou non que volver ás restricións como están facendo xa noutros países de Europa.

Estes especialistas poñen, ademais, en valor o efecto das vacinas, un efecto protector. De feito, a esta altura do ano, en 2020, estabamos con datos epidemiolóxicos moi similares pero perimetrados e con restricións horarias.

Do 23 ao 25 de Nadal do ano pasado abriran excepcionalmente os peches perimetrais e permitírase, por eses tres días, traspasar os límites autonómicos, sempre con xustificación e para reunións que non debían superar os seis adultos nun máximo de dúas burbullas. 

 "As consecuencias do período de Nadal xa sabemos cales foran o ano pasado: aumento da casos e ingresos a comezos de ano. Iso é o que temos que evitar", avisa o intensivista e membro do Comité Clínico, Pedro Rascado.

O risco de presión hospitalaria diminuíu moito polo efecto das vacinas: hoxe ingresan no hospital menos dun 1% dos infectados. Hai doce meses e sen vacinas, 6 de cada 100 acababan con síntomas graves.  

Mesmo así, lémbrannos expertos, temos xa case 16.000 casos que tensionan xa Atención Primaria e que fan necesario seguir estritamente os protocolos que todos coñecemos se queremos evitar un endurecemento das medidas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos