Montse Dopico: "A procura da liberdade é unha constante na obra de Luísa Villalta"
Abonda con vivir. Luísa Villalta busca as claves da obra e a vida da autora das Letras Galegas 2024
Dopico conversou con amigos e achegados á vida e obra de Villalta e trazou unha biografía coral
A súa obra dramática, poética e ensaística amosa unha autora comprometida social e politicamente
Sen dúbida unha escritora, aínda nas obras de ficción, explícanse desde quen é como pensa, que viviu, as súas inquedanzas, sentires, filias e fobias. Máis se a escritora é unha poeta.
Montse Dopico asina un libro sobre Luísa Villalta, a quen este ano lle dedicamos as Letras Galegas, que trata de responder a esa pregunta Quen era? E por que escribiu o que escribiu? Faino desde a coralidade, desde os que a coñeceron, desde o subxectivo das lembranzas de cada quen e desde a realidade dos feitos e da obra.