Cargando resultados...
Montse Betanzos: "Recoñecín que a vida da miña nai era máis enriquecedora ca a miña na oficina"
O valor das colareiras da Toxa cativa ao sector da moda
Montse deixou a súa vida atrás para aprender o oficio e reinterpretar o traballo da súa nai, tías e avoa
A colección Colareira é un proxecto de moda conxunto co estudio madrileño Carmen17
G24.gal
24/10/2025 15:02
Última actualización 24/10/2025 16:36
Coñecemos unha muller que arrastra dende a praia un mundo mariño para adornar figuras e rostros. Renegou do oficio de colareira cando era moza para anos despois abrazalo con total devoción, tanto que o levou á moda. Imos entrar no obradoiro, á beira do mar no Grove, de Montse Betanzos.