Miguel Anxo Fernán Vello: "Syra Alonso e Francisco Miguel tiñan gran capacidade para empatizar e explorar formas artísticas"
Miguel Anxo Fernán Vello: "Syra Alonso e Francisco Miguel tiñan gran capacidade para empatizar e explorar formas artísticas"
Alvarellos reedita os 'Diarios' escritos por Syra Alonso nos que relata a represión franquista
O pintor Francisco Miguel, o home de Syra, foi asasinado polos franquistas en setembro de 1936
A reedicion dos diarios, traducidos por Anxos Sumai, coincide coa recuperación dos restos de Francisco Miguel
'O vello agoniza e o novo canta tarda en chegar!' Con esta frase ábrese 'Diarios', o libro que recolle os textos de Syra Alonso unha das máis importantes cronistas da represión franquista en Galicia. Neste primeiro programa da temporada de Zigzag falaremos da figura de Syra Alonso e do seu marido, o pintor Francisco Miguel, que este mes son os homenaxeados en Coruña. Para falarnos deles convidamos a Miguel Anxo Fernán Vello, especialista na figura deste dous artistas esquecidos