Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Crespo preséntanos o novo de A Pedreira e de Ortiga

Carlos Crespo preséntanos o novo de A Pedreira e de Ortiga

'Atlante', o novo de A Pedreira

'Cabra', Galician Aremy e Ortiga xuntan talento!

G24.gal 05/11/2026 11:12

'Atlante'. A débeda que a música galega ten con A Pedreira aínda está por cuantificar e, por suposto, por saldar. Dende as súas impagables contribucións dende a Central Folque ata as da súa primeira etapa en solitario, as que nos agasallou en proxectos inesquecibles como Nordestinas ou Marful e, por suposto, as que nos está a entregar recentemente no seu renacemento e metamorfose como A Pedreira. Aínda que xa ten un par de aniños, para min Basal segue sendo un disco esencial para entender a música galega desta década. E oxalá sexa así recoñecido. Pero máis alá dese disco, A Pedreira segue a demostrar que está nun momento de creatividade desbordante. 

Conxunción de Ortiga con Galician Army neste 'Cabra', que vén sendo ademais o primeiro adianto do que será o novo disco do músico compostelán. Ortiga é o rei dos torreiros. E Galician Army son os reis da pista de baile. A priori semellan dous escenarios alleos entre si e con poucas conexións, pero eles encárganse de demostrarnos que non é así. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade