María Villamarín, unha escrita vivencial para dous fogares

Diario de dúas casas é un artefacto literario que circula entre As Casas da Veiga na Limia, onde mora a súa familia, o seu fogar, e o Santiago universitario

Un gran personaxe é a natureza da Limia, a chaira, os xardíns e as patacas, os traballos e as relacións familiares que describe e relata nun exercicio de observación

 

G24.gal 03/11/2023 14:20 Última actualización 03/11/2023 16:21

María Villamarín, libreira e escritora, lenos unha reflexión do seu libro Diario de dúas casas. O libro transita entre As Casas da Veiga, un lugar da Limia, e Santiago. Cento corenta quilómetros que separan dous mundos: a sociedade agraria dos colleiteiros de patacas e os universitarios composteláns.

O resultado reflicte a tensión dunha moza entre eses dous universos, descrita cunha destilada linguaxe para descifrar con moita calma. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos