Cargando resultados...
María Toro: "Chamábame a atención a frauta que se tocaba atravesada"
Despois de tres albúms, 'A contraluz' 'Arases' e 'Fume', María Toro inicia a xira do seu novo proxecto persoal: Unlimited
En Unlimited adéntrase no folclore galego e na súa mestura co jazz ou co flamenco e con influencias da música africana
G24.gal
01/06/2023 15:32
Última actualización 01/06/2023 16:34
Comezou a tocar a frauta no conservatorio da Coruña con 8 anos. Pero a clásica non lle chegaba, tiña que experimentar, buscar, beber do jazz, do flamenco e das músicas populares do mundo. No percorrido formou parte da Compañía Internacional de Flamenco de Zúric, viviu en Nova York ou no Brasil, publicou tres discos e agora volve á casa para presentar o seu novo proxecto.
María Toro vén cargada de músicas, pero non esquece aquela canción que súa avoa lle cantaba de pequena.