Cargando resultados...
María Casares, a actriz que chegaba ao fondo das personaxes, na ollada de Villaverde
O filme pasou polos festivais de Ourense e Seminci
Conta con gravacións de María Casares e ilustracións de artistas como Conde Corbal ou Pablo Orza
G24.gal
26/11/2022 11:30
María Casares naceu na coruña un 21 de novembro de 1921 e falecía un 22 de novembro de 1996. Neste ano de conmemoración da actriz galega máis importante da historia do teatro a celebración chega tamén ao cine da man do director Xavier Villaverde.
María Casares A muller que viviu mil vidas, en que participa a Televisión de Galicia, proxectouse xa na Coruña e chegará o vindeiro mes de febreiro ás salas.